AMPLIACIÓN PRAZO ENTREGA ATA O 15 DE XUÑO 2017: VIII PREMIO ATLANTE DO MUSEO DE ARTES DO GRAVADO Á ESTAMPA DIXITAL | BASES 2016

AMPLIACIÓN PRAZO DE ENTREGA DE OBRAS PARTICIPANTES ATA O 15 DE XUÑO 2017

1- Poderán participar todos os artistas nacionais e estranxeiros que o desexen. As obras deberán estar executadas necesariamente en calquera dos sistemas e técnicas gráficas, incluídas os procedementos dixitais e electrográficos, que considere conveniente o artista.

2- Admitiranse como máximo dúas obras por autor. O tamaño do papel será de 38 cm x 28 cm. O artista poderá utilizar as tintas e matrices que estime conveniente para estampar os orixinais.

3- Os gravados serán inéditos e sen ser editados nin numerados. Os premios outorgados traen consigo a edición das obras premiadas en 25 exemplares e a súa entrega á Fundación Museo de Artes.

4- Establécense: Premio Ramiro Carregal de grabado de 5.000 €, Premio María del Rosario Martín de 2.500€, 2 premios dotados con 2.500 € cada un e un premio especial de 2.000 €, para un artista nacido ou residente en Galicia. Estes premios estarán suxeitos ás retencións marcadas pola lei.

5- Xunto coa obra achegarase a seguinte documentación:
Datos do autor: Nome e apelidos / Técnica utilizada / Medida da prancha / Breve currículo artístico / Fotocopia do DNI ou pasaporte / Enderezo, número de teléfono e correo electrónico.

6- Os gravados enviaranse sen enmarcar, convenientemente protexidos á Fundación Museo das Artes do Gravado. Lugar de Outeiro. ARTES- Riveira. 15969 (A Coruña) España, do 11 de outubro de 2016 ao 15 de xuño de 2017.

7- A Fundación Museo de Artes, comprométese a editar unha carpeta cos 5 gravados premiados. Os gañadores, responsabilízanse de estampar, numerar e asinar os 25 exemplares, máis as 2 probas de artista; deberán entregar a/as matriz/ces xunto coas 25 estampas á Fundación Museo de Artes. Os 5 artistas galardoados recibirán da Fundación unha carpeta completa cos cinco gravados premiados.

8- Os traballos seleccionados exporanse nunha das Salas do Museo de Artes.

9- O xurado estará formado por 5 personalidades do mundo da Arte, e a súa decisión será inapelable. O veredicto emitirase no prazo máximo de dous meses desde a finalización do prazo de entrega das obras.

10- A Fundación, velará pola boa conservación dos traballos recibidos, pero non se responsabiliza polos danos causados durante o envío e devolución das obras. Os gastos de envío e retorno correrán por conta do artista. Se os envíos son desde España poderanse achegar os selos para a súa devolución.

11- As obras sen retirar, nin reclamar no prazo de 2 meses transcorridos desde a entrega de premios, pasarán a engrosar a colección de Arte Gráfica da Fundación.

12- As obras seleccionadas poderanse vender no transcurso da exposición, se previamente así o indicou o autor, que percibirá o importe integro da venda. Poñeranse en contacto o artista co comprador.

13- Protección de Datos. Consonte á L.O.P.D. informamos de que os seus datos persoais, indicados no punto 5, serán rexistrados nos ficheiros automatizados ou non de Fundartes coa finalidade de xestionar a súa participación no concurso. Informámoslle de que estes poderán ser publicados en medios de comunicación escrito e/ou dixital coa finalidade de dar a coñecer os premiados e divulgar a actividade do museo. Informámolo/la de que poderá recibir información sobre a nosa actividade, eventos e outros a través de medios electrónicos. Vde. poderá exercer os dereitos de acceso, cancelación, rectificación, oposición mediante un escrito achegando unha copia do DNI á Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, en Artes Lugar de Outeiro s/n 15969, Ribeira (A Coruña). En caso de que producise algunha modificación dos seus datos, pregamos nolo comunique coa finalidade de mantelos actualizados.

14- Polo feito de participar neste concurso o artista acepta as bases e renuncia a calquera tipo de reclamación.

Para máis información:
Tlf: (034) 981 871 342
Mail: fundartes@gmail.com