Virtus Inconcussa. Estudios en torno al teatro moral de la vida humana de Otto Vaenius
Autores: Víctor Mínguez, Juan Manuel B. López, Inmaculada Rodríguez, Rosa Margarita Cacheda, Carme López, Juan M. Monterroso
Ano: 2013
447 páxinas
ISBN: 978-84-9812-206-0
Idioma: castelán

Edición facsimilar do texto de Otto Vaenius, Theatro moral de toda la philosophia de los antiguos y modernos, más conocido como Theatro moral de la vida humana. Un texto que contou cunha gran difusión desde a súa primeira edición, Antwerpen 1607, publicada pola imprenta de J. Verdussen e ilustrada por Vaenius con gravados do seu irmán Gisbert, ata as edicións máis tardías españolas de 1682, 1701 e 1733. Ademais contou con múltiples traducións en italiano, francés e alemán.

Desta obra, destinada á educación de reis e príncipes, dedicada a Dona Mariana de Austria, nai de Carlos II, apenas se conservan en Galicia un par de exemplares na Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela e outros centros. Por outra parte, a pesar da súa transcendencia no ámbito intelectual e artístico da sociedade contrarreformista dos séculos XVII e XVIII, do recoñecemento que recibiu a través dos estudos de Santiago Sebastián López, non contaba ata hoxe cunha edición das características da presente, onde o texto e estampas do orixinal se presenten ao lector acompañadas de estudos de diferentes investigadores de universidades galegas e españolas.