Manuel Facal, obra gráfica
Autor: Manuel Facal
Ano: 2006
279 páxinas
DL: C-2452/2006
Idioma: galego

Pintor e gravador nado en Carballo (A Coruña) non 1943. Nos seus inicios dedícase ao debuxo, con inspiración en Picasso, Dalí ou Urbano Lugrís. Achégase a tendencias máis convencionais un breve espazo de tempo que vive en Vigo. A mediados da década dos setenta trasládase a Barcelona, para estudar e traballa no deseño gráfico e téxtil.

A súa dedicación ao gravado empeza durante a súa estancia en Londres, nos anos setenta, onde aprende a técnica de man da arxentina Carmen García. Interésalle a textura e a morfoloxía dos materiais. Viaxa por Grecia, Turquía e Italia e cultiva un cinetismo emparentable con Vasarely e Eusebio Sempere, exacto, xeométrico, case mecánico.

Coñece Nova York, onde afonda en novos modos de expresión, e vai ao norte de Europa para ensaiar representacións abstractas de animais. Ou seu dominio das técnicas do gravado lévano a realizar obras para artistas como Miró; tamén ensaia a pintura de gran materia, afastada da representación formal, e os seus cartafoles de gravados sobre Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro e outros escritores galegos. Non abandona a estampaxe e un dos traballos máis notables foi a serie de augafortes titulada “As cinzas do amor”, sobre textos de poetas españois. En 1987 instálase nunha vila da serra de Málaga.