Cyperus Papyrus. Alfonso Costa
Textos: Manuel Ruíz Rivas e Juan Manuel Monterroso
Ano: 2014
80 páxinas
DL: C-1175-2014
Idioma: castelán e galego

Nacido en Noia trasládase de moi novo a Barcelona onde desenvolverá unha fecunda traxectoria artística avalada polos innumerables premios e na que os críticos recoñeceron unha inusitada creatividade, cualificando a súa obra de orixinal, brillante, comprometida e sempre sorprendente. Membro fundador do Foro Cultura Solidaria Galega, expón en Madrid, Valencia, Palma de Mallorca, Barcelona, Xaén, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Eivissa, Santander, Suíza, Alemaña, Italia, Bélxica, Cuba, Miami, Bos Aires, Francia, Brasil, etc., ademais de participar en numerosas feiras internacionais de arte.