Anne Hevvaert, de Memphis a Finisterre
Artista: Anne Heyvaerth
Ano: 2008
178 páxinas
ISBN: 978-84-612-6935-8
Idioma: castelán e francés

A duplicación, a multiplicación serial, mesmo, que está implícita en todo o proceso da práctica do gravado, constitúe o eixo central e, ao tempo, o motor conceptual da Anne Heyvaerth. Ocorre ante as súas representacións de caixas, libros, follas e mapas coma se o real mesmo fose capturado por un dobre practicamente idéntico, e substituído por esta representación xemelga que o secuestra e o substitúe, talvez cunha malignidade travesa, pois non deixa de supoñer un efectivo e enganoso desvío do real, ou, seica e ao contrario, no reino dos desdobramentos non nos toparemos máis que co triunfo das ambigüidades, os equívocos e as ambivalencias.

Anne Heyvaerth, 1959 (Memphis -USA), nacionalidade francesa, reside en Galicia desde 1994. Estudou na Escola Nacional Superior de Belas Artes de París, asistiu a numerosos cursos de formación e estancias en talleres de gravado en España e estranxeiro. Actualmente: profesora de gravado e debuxo na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo e na Fundación CIEC, Betanzos; Grupo de Investigación I+D: DX5 “dixital and graphic art research” Universidade de Vigo.