blog

A Adoración dos Pastores

Ficha da obra:

A Adoración dos Pastores
A.VAN, DYCK, I ( T PH..F )
Augaforte 200 x 155 mm
I: Antón Van Dyck
G: T PH..
Obs: As iniciais ou nome correspondente ao gravador preséntanse ilexibles. O ferro, por iso está asinada.
Estampaxe en ferro orixinal.
Escola Flamenca do século XVIII.

A estampa preséntanos o argumento da Adoración dos Pastores que nos conta San Lucas nos seus evanxeos.

“Había na mesma comarca algúns pastores que durmían ao raso e vixiaban por quendas durante a noite. Presentóuselles o Anxo do Señor, e a gloria do Señor envolveunos na súa luz; e chegáronse ao temor. O Anxo díxolles: non temades, pois vos anuncio unha gran alegría, que o será para todo o pobo, naceuvos hoxe, na cidade de David, un salvador, que é o Cristo Señor … E sucedeu que cando os anxos, deixándolles, fóronse ao ceo, os pastores dicíanse uns a outros: Vaiamos, pois, ata Belén e vexamos o que sucedeu … E foron a fume de carozo, e atoparon a María e Xosé e ao neno deitado no pesebre …”. ( Lc.2,9 e ss ).

 

Do artista:

Antón Van Dyck

Pintor Flamenco, autor de notables retratos, escenas relixiosas e mitolóxicas, ademais de paisaxes.

Antón naceu en Amberes no ano 1599 e faleceu en Inglaterra en 1641.

Foi discípulo de Hendrik Van Balen e chegou a Mestre da Gilda en Amberes en 1618, colaborando a partir do ano 1620 con Pedro Pablo Rubens.

Entre os anos 1621 a 1627 acudiu a Italia.

Xa en 1632, atopámolo en Londres onde foi nomeado pintor da súa Maxestade alcanzando notable popularidade como retratista e foron moitas das súas composicións pictóricas as que levaron ao gravado.

Ademais, colaborou cos seus aguafortes con notables gravadores para compoñer a súa Iconografía, onde se reproducen na estampa os seus importantes retratos.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *